Praia

Praia de Covas

Covas · Viveiro · Lugo

Praia de Covas, praia en Viveiro

Foto: Lourdes Cardenal · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia de Covas é unha praia de 1650 m de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e de alta ocupación na tempada estival, dotada de paseo marítimo, de augas tranquilas, con equipos de salvamento e seguridade e acceso para discapacitados. Na parte occidental da praia hai unhas rochas sobresaíntes coñecidas como Os Castelos. Nestas rochas levántase un monumento dedicado á lembranza da Santa María Magdalena e do bergantín Palomo que naufragaron xuntos nunha noite de terrible temporal, o ano 1810 causando máis de 500 vítimas. Restos do naufraxio adornan algúns cantos da cidade: canóns no Parque de Pernas Peón, xunto á praia de Covas, e áncoras nalgunha praza da zona urbana, e no propio monumento dos Castelos.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca · Praia urbana

Lonxitude 1,5 km

Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Covas, a 642 m

No concello viven 15.091 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar