Igrexa

Igrexa de San Salvador de Escuadro

Silleda · Pontevedra

Igrexa de San Salvador de Escuadro

A igrexa de San Salvador de Escuadro é a igrexa parroquial de Escuadro, no concello pontevedrés de Silleda.

Descrición

Conserva a portada da fábrica románica, do século XII, formada por dous pares de columnas que sosteñen as arquivoltas. Destacan ademais os seus capiteis, así como a torre do campanario. Accédese ao adro desde unha estrada local, situada a menor altura, mediante dúas escaleiras. Foi ampliada no século XVIII para acoller aos fieis e devotos de Santa Isabel, romaría que se celebra o día 2 de xullo e o domingo seguinte.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar