Pazo
Pazo de Sestelo
Silleda · Pontevedra
O Pazo de Sestelo é unha casa señorial do século XVI situada no lugar de Sestelo, na parroquia de Siador, no concello de Silleda. == Historia == Coñecida tamén como casa de Sestelo, é propiedade da familia Rivas. Un dos seus membros, Francisco María Rivas Taboada, foi o impulsor e benfeitor do Santuario da Virxe da Saleta, situado en Siador. Na actualidade, o seu tataraneto, Roberto Rivas Martínez continua con este labor. Os Baamonde e os Ocampo aparecen no escudo de armas, mentres que os Pimentel quedaron reflectidos nunha inscrición na capela do pazo, adicada á Virxe do Socorro. == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia === Ligazóns externas === Fichas dos pazos de Silleda na web de turismo municipal
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Siadora 500 mCEIP de Silleda-Tixoa · IES Pintor Colmeiro-Tixoa · CEIP de Silleda-Tixoa
- A Gouxaa 965 mCEIP de Silleda-Cardigonde · IES Pintor Colmeiro-Camporrapado · CEIP de Silleda-A Mina
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.