Pazo
Pazo de Xelmírez
Santiago de Compostela · A Coruña

O pazo de Xelmírez é o antigo palacio episcopal da catedral de Santiago de Compostela, situado no lado norte da catedral cara á praza do Obradoiro. Foi construído por Diego Xelmírez, arcebispo de Santiago entre 1120 e 1136 pero do edificio orixinal só se conservan as portas de comunicación coa basílica: a Porta de Gramáticos, a porta da Torre e a porta da tribuna. == Historia == Xelmírez mandouno construír para substituír o antigo pazo arcebispal situado onda a fachada de Praterías, datado entre os anos 830 e 880, e que fora practicamente destruído nas revoltas acaecidas en Santiago en 1117. Xa cara a 1180, Pedro Suárez de Deza fixo as primeiras reformas. A mediados do século XIII, o arcebispo Xoán Arias encargou novas modificacións ó mestre Boneth, cara a 1250, para amosar non só o seu poder senón, sobre todo, o señorío sobre a cidade. O seu modelo foron os bispados que daquela erguíanse nas principais sés episcopais francesas, compostos por tres compoñentes principais, ademais do propio pazo: unha capela, de uso exclusivo do prelado; unha gran sala de dobre planta, para distintos usos, influenciado polo conxunto palaciano do bispo de París, construído por Maurice de Sully; e, por último, unha torre, símbolo permanente do poder temporal do bispo sobre a cidade. Nos séculos XV e XVI foi reformado de novo por decisión dos arcebispos Lope de Mendoza e Alonso III de Fonseca. Tamén o foi polo arcebispo Maximiliano de Austria. No século XVIII tamén foi reformado, coa construción dunha nova planta que esixiu levantar unha nova fachada barroca, a modo de contraforte. == Estrutura == O edificio está aliñado coa fachada occidental románica da catedral, con tres plantas e acceso desde a praza do Obradoiro. Traspasado este acceso pódese ver o pórtico románico orixinal, oculto agora trala nova fachada do século XVIII. Na planta baixa está a Sala de Armas, co vestíbulo a un lado (contiguo á torre da catedral) e o arco do pazo ó norte; esta sala está dividida por columnas compostas por catro máis delgadas en dúas naves con cinco tramos, e con bóvedas de aresta. O patio que segue conduce ás escaleiras polas que se sobe ó Salón de Cerimonias ou Sinodial, construído entre 1253 e 1266 polo mestre Pedro Boneth sobre a sala de armas e o arco de palacio. Trátase dun amplo salón diáfano, de planta rectangular (con medidas de 32 x 8,40 metros), dividido en seis tramos rebaixados, con bóvedas de cruzaría tripartita. Uns arcos faixóns cargan sobre os nervios das bóvedas e canzorros, de grande importancia, embutidos nos muros laterais. Son todas historiadas e unha variada e rica decoración aumenta de xeito progresivo dende os tramos do sur cara aos do norte. Representan un banquete coa asistencia de reis, nobres e cregos, acompañados de músicos e nas claves dos últimos tramos do sur inclúense, en medio da follaxe, os seus respectivos anxos que sosteñen nas súas mans un chameante disco solar e un crecente lunar (temas apocalípticos aos que tamén recorreu o mestre Mateu na cripta e o arco exterior do inmediato Pórtico da Gloria). Os distintos autores asumen que se trate das vodas de Afonso IX e dona Berenguela; para outros representarían a peregrinación de Fernando III o Santo e a súa dona, Beatriz de Suabia. Nos capiteis represéntanse os comensais comendo unha empanada. Este elegante salón comedor é a máis acabada obra civil gótica que se conserva en Galicia. Outras estancias salientables son a cociña medieval, unha sala de garda e a sala do arcebispo Manrique (do século XVI). Desde os corredores do pazo pódense ver partes da fachada norte da catedral, na que merecen especial atención algúns dos canzorros románicos. === Canzorros === Adoito iníciase o percorrido polo canzorro situado no centro da ábsida norte na que se ve unha figura de pé, coas mans estendidas en xesto de oración, vestido con amplas ropaxes. Pénsase que representa un sacerdote. Flanquéano dous serventes vestidos con túnica curta: o da esquerda suxeita unha vasilla, en parte velada por un pano que cáelle dende o ombro; o da dereita carga unha especie de sopeira. Os tres están calzados, son lampos e teñen o cabelo curto.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Rúa Novaa 396 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDAa 702 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 715 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.