Estación de tren e apeadoiro
Estación do Carril
Vilagarcía · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra

O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertida en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Historia
O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocarril en 2006. O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.
Outros artigos
Estación de Cornes Estación de Vilagarcía de Arousa Lista de estacións de tren de Galicia Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Andares 2
Tamén chamado O Carril
Vila máis próxima O Carril, a 952 m
Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 64 m
No concello viven 37.975 (2025) · IGE
Chegar en bus
- VIVIENDAS RENFEa 56 mO Carril (merendeiro)-Vilaxoán (Freixo) · O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-Trabanca (Sardiñeira)
- VIVIENDAS RENFEa 64 mO Carril (merendeiro)-Vilaxoán (Freixo) · O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-Trabanca (Sardiñeira)
- Praia Compostelaa 106 mCEIP Rosalía de Castro-Guillán (praza) · CEIP Rosalía de Castro-Guillán (praza)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.