Dolmen
Pedra Vixía
Muíño · Zas · A Coruña
Aínda non hai foto de Pedra Vixía
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.03769|-8.94694}}
A Pedra Vixía é un monumento megalítico situado na parroquia de Lamas, no concello de Zas. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Descrición
Esta anta atópase inserida nunha mámoa circular que mide arredor de 15 metros de diámetro. A estrutura está moi alterada e en moi malas condicións. Así, nove dos once esteos foron desprazados na década de 1950 por un veciño que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Semella que a cámara é de tipo poligonal tendente ao círculo e que o corredor de acceso mira cara ao leste. Conserva dous esteos na cuberta. O que fora a pedra cobertora concrétase nun bloque granítico rectangular que fica apoiado nun dos esteos da cámara, mide un metro e oitenta centímetros de alto por un metro e trinta de largo.
Outros artigos
Megalitismo en Galicia Mámoa Lista de megálitos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Megálito
Altitude do punto ≈ 357 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vimianzo, a 10,6 km
No concello viven 4.197 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A TOXAa 183 mBaio-Padreiro · Baio-Padreiro
- A Fonte Espiñoa 615 mBaio-Padreiro · Baio-Padreiro
- O Coutoa 788 mBaio-Padreiro · Baio-Padreiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.