Ponte histórica

Ponte do Pasatempo

Mondoñedo · Lugo

Ponte do Pasatempo, ponte histórica en Mondoñedo

Foto: I, Barfly2001 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A ponte do Pasatempo ou ponte de Ruzos é unha ponte medieval sobre o río Valiñadares, que se atopa no barrio dos Muíños, na parroquia do Carme (Mondoñedo).

Características

Construída con cachotaría de lousa e rematada con perpiaños de granito, consta dun único arco de medio punto. O estado actual correspóndese cunha restauración realizada a finais do século XVIII. Pola ponte atravesaba o camiño real, e segue a discorrer o Camiño do Norte.

Lenda

A ponte está relacionada coa execución do mariscal Pardo de Cela. Segundo relata a lenda, a súa dona Isabel de Castro traía consigo o indulto real para o seu esposo, mais ao chegar á ponte foi retida por uns cóengos disfrazados, namentres Pardo de Cela era executado na praza da Catedral de Mondoñedo.

Véxase temén

Outros artigos

Pardo de Cela

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte

Tamén chamado Pasatempo, Ponte do

Altitude do punto ≈ 118 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Mondoñedo, a 752 m

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 463 m

No concello viven 3.301 (2025) · IGE

Segundo PNOA

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar