Porto e peirao

Porto de Celeiro

Viveiro · Lugo

Porto de Celeiro

O porto de Celeiro é un peirao de pesca situado na parroquia de Celeiro, ao norte do núcleo urbano de Viveiro, e abrigado pola ría de Viveiro. == Características == É un dos portos de pesca galegos de máis envergadura do mar Cantábrico, cun total de 90 buques censados. A frota está composta por embarcacións de baixura-artesanal, pesca do cerco, arrastre de litoral, volante e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada. O centro de distribución de produtos ten unha capacidade de descarga, poxa e manipulación de 75 toneladas diarias. Dispón de lonxa climatizada, cunha superficie construída total de 17 419 m². Conta á súa vez cunha Confraría de Pescadores de grande importancia, sendo o seu patrón maior na actualidade Domingo Rey Seijas. No sector primario, o subsector pesqueiro é unha das máis significativas. == Heliporto Costa Norte == Situado nas inmediacións do Porto de Celeiro, atópase o Heliporto Costa Norte (Código OACI: LEPV). Este heliporto foi construído a finais da década de 1980, e a finais do século XX foi modernizado e ampliado a unha superficie de 4 000 m². Este heliporto é a base do Pesca 2, un dos helicópteros do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. Desde que se iniciou o servizo de Rescate Aéreo, tres tipos de aeronaves tiveron como base o Heliporto Costa Norte: Agusta Bell 212 Eurocopter Dauphin (EC-HIM) Sikorsky S-76 (EC-JET) == Notas == == Véxase tamén ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar