Praia

Praia Grande de Miño

Miño · A Coruña

Praia Grande de Miño

A praia Grande de Miño é un areal da ría de Betanzos, pertencente ao concello de Miño. A praia pecha unhas marismas polas que desemboca o río Baxoi nun dos extremos da praia. Ao longo de todo o areal hai un paseo peonil e no medio dela hai un pequeno monte de piñeiros. A praia ten bandeira azul dende 1984. Ten aceso directo á AP-9. En 2012 e 2013 foi elixida polos lectores de 20 minutos como o mellor areal de España. En 2016 a praia de Miño, Perbes e Ribeira perderon as Bandeiras Azuis por non ser quen o concello de atopar socorristas titulados. == Imaxes == == Notas ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar