Pazo
Pazo de Mariñán
Bergondo · A Coruña · 1500

O Pazo de Mariñán é un pazo do século XVIII, que se atopa no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1972. == Descrición == Sitúase a 25 km da cidade da Coruña, na marxe esquerda do río Mandeo, moi próximo a poboacións históricas como Betanzos e Pontedeume. Presenta elementos barrocos no seu corpo arquitectónico e no seu xardín de estilo francés. Ten a súa orixe no século XV. Gómez Pérez das Mariñas I, nobre da corte de Xoán II de Castela, mandou construír unha defensa. Inicialmente era coñecido como Pazo de Bergondo. Gómez Pérez das Mariñas participou activamente na Gran Guerra Irmandiña (1467-1469). Foise herdando de pais a fillos ata chegar a mans de Gerardo Bermúdez de Castro y Suárez de Deza, señor de Láncara. Un antepasado seu foi Luís de Pimentel e Soutomaior, que intentou asasinar á súa muller, Inés de Ribadeneira, nas dependencias do pazo. Ó morrer Gerardo Bermúdez en 1936 sen descendencia, o pazo quedou legado á Deputación da Coruña para fins sociais. Ó ser os seus últimos propietarios Señores de Láncara, o pazo foi coñecido polos seus contemporáneos como Pazo de Láncara, sendo así recordado pola veciñanza de máis idade. Asemade na declaración como Conxunto Histórico Artístico no 1972 se fará mención a este dobre nome, que oculta o máis antigo de Pazo ou Quinta de Bergondo. O Pazo de Láncara (Lugo) tamén formaba parte do legado de Gerado Bermúdez de Castro. Á morte deste benfeitor a súa doazón pasou case inadvertida; o pazo foi nomeado Fogar Xeneralísimo Franco e co beneficio das vendas de terras fixéronse colexios e outros centros asistenciais, ningún dos cales leva o seu nome. Conta cunha pinacoteca que se pode visitar, centrada en cadros dos séculos XIX e XX, moitos deles galegos, e as súas dependencias están ambientadas con mobiliario principalmente do século XIX. == Xardín == O xardín do pazo ten exemplares botánicos de grande importancia, tres deles figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia: Érbedo; Nogueira pecán ou de Illinois, Carya illinoensis; Eucaliptos. Ademais o grupo de Plátanos comúns figura no mesmo catálogo, na categoría de formacións senlleiras. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia === Bibliografía === José Manuel García Iglesías (2001). Guía dos pazos de Galicia - A Coruña. Editorial Galaxia S.A. ISBN 84-8288-434-4. === Ligazóns externas === Web do Pazo de Mariñán Web do Servizo de visitas ao Pazo de Mariñán
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- CPI DE CRUZ DO SARa 982 mBergondo (centro saúde)-Ferreiros · Bergondo (centro saúde)-Santa Marta (bar) · Bergondo (centro saúde)-A Lagoa · CPI de Cruz do Sar-Restaurante Novo Varela · CPI de Cruz do Sar-Restaurante Novo Varela · CPI de Cruz do Sar-Guísamo
- A Penadaguiaa 1.1 kmFerrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol E.A.-Betanzos-Teatro Colón (por AP-9 dende Betanzos) · Teatro Colón-Betanzos- Ferrol E.A. · A Coruña E.A.-Betanzos-Ferrol E.A. · Betanzos (institutos)-Miño-Pontedeume-Ferrol E.A.
- A Pasaxe do Pedridoa 1.1 kmBergondo (centro saúde)-A Lagoa · Bergondo (centro saúde)-A Lagoa
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.