Teatro

Salón Teatro

Santiago de Compostela · A Coruña

Aínda non hai foto de Salón Teatro

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.87843|-8.54642}}

O Salón Teatro é a sede do Centro Dramático Galego (CDG), a compañía pública de teatro de Galicia, e o escenario das súas producións. Ademais, acolle distintas disciplinas escénicas, como ciclos de cine ou danza. É o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia e supón un referente cultural para a cidade de Santiago de Compostela e a Comunidade Galega.

Características

Localízase nun edificio histórico no corazón da zona vella de Santiago de Compostela. O Salón Teatro dispón de platea e tribuna con capacidade para 272 espectadores.

Historia

En 1920 inaugurouse o Salón Teatro como sala de eventos e espectáculos. Tiña unha capacidade de máis de 500 localidades, forma de anfiteatro, un escenario reducido e unha sala dividida en dous andares, posteriormente destinouse principalmente á cinematografía. En 1996 o edificio foi adquirido pola Xunta de Galicia e tres anos despois o teatro abriu de novo as súas portas xestionado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa estrea do espectáculo Si o vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro, a cargo do Centro Dramático Galego.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Sede

Inaugurado 1920

Altitude do punto ≈ 249 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 222 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 58 m

No concello viven 100.842 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar