Pazo

Torre de Balbén

Vigo (San Vicente) · Carral · A Coruña

Torre de Balbén, pazo en Carral

Foto: FirkinCat · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗

A torre de Balbén, ou torre de Valbén, é un pazo do século XVIII situada no lugar de Balbén da parroquia de Vigo, do concello de Carral. En 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural.

Historia

Mandouna construír Pedro de Ponte, quen estaba casado con María de Omaña. Alí naceu o seu fillo Sebastián Vicente. A última propietaria foi María Jesús Etcheverría, de orixe vasco-francesa.

Descrición

Ten dúas entradas, unha dianteira e outra traseira, e está constituído por numerosas ventás (20 aproximadamente). Ten tres balcóns, un na parte dianteira, outro na traseira e outro no lateral. A carón do balcón dianteiro ten un escudo. Na entrada ao pazo hai unhas escaleiras, e logo un camiño de pedra antes de chegar á porta da entrada. A construción está rodeada de arbustos, e ten un amplo xardín con árbores froiteiras, como nogueiras, castiñeiros ou maceiras. O recinto está rodeado por un muro de pedra. Actualmente atópase en bo estado.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Tamén chamado Torre de Valbén

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 118 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Abegondo, a 2,5 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2 km

No concello viven 6.836 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar