Castro
Castro de Abegondo
Abegondo · A Coruña
Aínda non hai foto de Castro de Abegondo
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.22389|-8.30000}}
O castro de Abegondo ou Agra do Castro, é un castro situado no lugar do Castro na parroquia de Abegondo, no concello coruñés de Abegondo.
Descrición
O castro de Abegondo consta dun recinto fortificado de planta ovalada. Cunha orientación no eixe maior de NL-SO. O eixe maior mide uns 120 metros e o menor uns 100 m. Está defendido basicamente por dous terrapléns con foxo. Conta cun singular sistema de acceso, que se efectúa por medio dunha rampla que cobre o foxo e penetra na croa pasando entre dúas torres ou bastións, situada ao NL.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 218 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Abegondo, a 995 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2,8 km
No concello viven 5.631 (2025) · IGE
Para ir
Cadeira de rodas Non
Chegar en bus
- BEADEa 436 mIES de Viós-Cancelada · IES de Viós-Cancelada · Abegondo (centro saúde)-Beade · Abegondo (centro saúde)-Beade
- VILANOVAa 475 mIES de Viós-Cancelada · IES de Viós-Cancelada · CEIP San Marcos-Vilacova (igrexa) · CEIP San Marcos-Vilacova (igrexa)
- O Adroa 510 mIES de Viós-Cancelada · IES de Viós-Cancelada · Abegondo (centro saúde)-Torrente · Abegondo (centro saúde)-Torrente
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.