Castro

Castro de Cerneda

Cerneda · Abegondo · A Coruña

Castro de Cerneda, castro en Abegondo

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Cerneda é un castro situado no lugar da Igrexa na parroquia de Cerneda, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía

O castro está formado por unha croa e, posiblemente, un pequeno ante castro, en dirección noroeste. Está rodeado por dous xogos de murallas e foxos intercalados. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 170 por 95 metros.. Os elementos externos están rebaixados polo traballo agrícola na zona e un dos foxos exteriores foi ocupado por unha pista asfaltada. Ademais, parte do castro emprázase na igrexa parroquial. A zona é unha platación de eucaliptos.

Arqueoloxía

O terreo do castro foi adquirido polo concello e inspeccionado arqueoloxicamente en 2020. Unha prospección inicial do castro indicou que é de estrutura ampla e conservada. Os muros que se atoparon son anchos e as estruturas son de madeira con tella enriba, ben conservada. Así mesmo, atopáronse restos de utensilios en bo estado. Os utensilios son de cerámica, como é unha ánfora para o viño, sacos para gardalos, vasos de vidro e variñas de bronce. Os utensilios de cerámica que se atoparon concordan coa tipoloxía dos achados de costume nas rexións do norte de África e do Guadalquivir. Estímase que estivo poboado entre os séculos IV-III a.d. ata o III-IV d.c, xa no período do imperio romano.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 176 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Abegondo, a 1,9 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,6 km

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar