Xacemento arqueolóxico
Vila Romana de Toralla
Vigo · Pontevedra

A vila romana de Toralla, é unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha vila romana convertida en exposición-museo visitábel á beira da praia do Vao, en Coruxo (Vigo). Áchase no antigo eido de Mirambell, nun arboredo de acacias. == Contexto histórico == En Galiza localizáronse unha trintena de sitios arqueolóxicos romanos á beira do mar, identificados maiormente como villae costeiras dedicadas á explotación de recursos mariños: pesca, salgas, salinas...Boa parte delas estaban en Vigo e a súa contorna. Toralla sitúase nas proximidades do Vicus, o núcleo urbano de orixe romana que, a partir do século I d.C., foi crecendo no centro do actual Vigo. No Vicus hai vestixios dun importante complexo manufactureiro e comercial relacionado co mar. Comprendía unhas extensas salinas, factorías de salga e quizais algunha pesqueira asociada. Polo século II esta sería a zona manufactureira máis importante do noroeste peninsular. Cara ao século III, período de crise monetaria, as salinas de Vicus deixan de funcionar. Despois xurdirán varias explotacións, sitios dedicados á obtención do sal, elaboración de salgas etc. Isto fai pensar que a produción, centralizada antes no Vicus, distribuirase por estas villae e factorías da ría. == Toralla == A vila de Toralla construíuse nun pequeno cabo que separa as praias do Vao e a de Canido, daquela unido á illa de Toralla por unha barra de area (de aí o nome de vao). Habitouse entre o 300 e 450 d.C., momento final do imperio romano, no que as villae terán un bo crecemento, tanto na Gallaecia coma nas demais provincias do imperio. A illa estivo poboada antes de que existise a vila, pois hai restos dun castro prerromano que sería abandonado contra o século I d.C. Atopáronse tamén restos dun cemiterio romano, quizais o dos habitantes da vila. A illa crese que pertenceu á Igrexa durante séculos, até o século XIX, no século XX construíuse a ponte, unha urbanización, e unha torre de vivendas, destruíndo parte dos sitios arqueolóxicos da illa. == As villae == A villa (en singular) ou as villae (en plural) é unha casa; componse dun conxunto de edificacións, labores agrícolas, ou instalacións relacionadas co mar nas zonas costeiras coma esta. A vila existiu desde as orixes e en todos os territorios do imperio, pois é o tipo de asentamentos máis característicos do mundo rural romano. Habíaas con gran variedade de tipos e tamaños: luxosas residencias, dedicadas ao lecer, grandes granxas, nas que poderían vivir máis de dous ou tres centenares de persoas; ou modestas explotacións produtivas como pode ser o caso de Toralla. === A vila de Toralla === A vila de Toralla era sobria, aínda así dispuña de certos elementos de confort e riqueza, como termas ou mosaicos. Como toda vila romana organizábase en dúas partes: a pars urbana ou edificios residenciais do propietario ou os serventes, e a pars rustica, ou construcións adxacentes relacionadas coa produción, que en Toralla serían unha salina, alpendres, celeiros e almacéns. Defínese a partir de varias construcións independentes, situadas a pouca distancia unhas doutras, distribuídas de xeito funcional e adaptándose á topografía do terreo. Estas son: O edificio principal: a vivenda do dominus ou propietario, de planta rectangular tipo atlántica. As medidas teñen unha relación exacta de 3:1, que fai pensar que tivo unha planificación previa. O edificio organízase a partir dun corredor lonxitudinal, flanqueado por un pórtico con piares de madeira. Destacan unhas termas formadas por un baño frío, un temperado e un cálido. Estas termas, ademais de relax fornecían a calor necesaria para a vivenda grazas ao hipocausto, sistema de calefacción que consistía no paso de ar quente procedente dun forno, baixo o chan oco. O edificio secundario: a 4 m do principal, sería a área da servidume. As construcións rústicas, ou relacionadas coa parte produtiva da casa. == O Museo ==…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- CANIDOa 869 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Playa América-Nigrán-Panxón-Patos-Vigo-Rúa Arenal
- CANIDOa 886 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Playa América-Nigrán-Panxón-Patos-Vigo-Rúa Arenal
- A Ermidaa 908 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.