Espazo protexido

Zona especial de conservación do Río Landro

Viveiro · Lugo · 2004

Zona especial de conservación do Río Landro

O río Landro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte das ribeiras do río Landro, desde case o seu comezo ata o interior do esteiro da ría de Viveiro, e do seu afluente o rego de Bravos. Esta área de conservación ocupa 127,19 ha. da mariña occidental lucense nos concellos de Ourol e Viveiro, comezando desde Bravos e Xerdiz e Miñotos e indo ata Vieiro e Magazos. Destaca pola presenza do salmón e polos hábitats de xunqueiras na marisma. Parte deste espazo cadra co monumento natural do Souto da Retorta, e nel están os eucaliptais de Chavín.

Fauna e flora

Flora

Os hábitats cos que conta a vexetación deste espazo van desde aqueles dos esteiro e as lameiras que o rodean, os prados e pasteiros, as matogueiras, os queirogais, así como os bosques de ribeira, tanto de monte como das abas das ribeiras. Nos bosques do río Landro teñen presenza os soutos e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica, así como os bosques de ribeira de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Fauna

Entre a fauna compre destacar os mamíferos acuáticos, como as londras, e as ameixas perlíferas de río. Tamén, a presenza de 9 taxóns de aves con interese de protección, como o picapeixe (Alcedo athis) e a papuxa do mato (Sylvia undata). As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Lexislación

O río Landro foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural ten unha parte dentro de: O Monumento natural “Souto da Retorta”, de 3,19 ha.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar