Capela
Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco
A Coruña
Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Construção religiosa em Coruña, a 14 m de altitude, a 292 m do Camiño Inglés.
A capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña.
Historia
A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221. O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal. Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios. Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI.
Descrición
A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes. O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
Dedicado a Católica
Andares 3
Também chamado Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco · Capela da Venerable Orde Terceira
Altitude do ponto ≈ 14 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima A Coruña, a 552 m
Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 292 m
Habitantes do concelho 251.277 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- Hospital Abente y Lagoa 175 mHospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · Hospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · A PATIÑA II-CAMBRE-HOSPITAL ABENTE Y LAGO · Santa María de Vigo-Hospital Abente y Lago · Sada (hotel Sada Palace)-Hospital Abente y Lago · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
- A MAESTRANZAa 262 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICAa 360 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.
