Torre
Torre de Hércules
A Coruña · 0100

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela. == Historia == A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no final do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coímbra). Paulo Orosio menciónaa no século V d.C. ("Secundus angulus circium intendit ubi Brigantia, Gallaeciae civitas sita, altissimam pharum e inter pauca memorandi operis as speculam Britanniae erigit"). A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a cualifica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato do Burgo de Osma, do ano 1086, acompañada do topónimo Faro. A torre perdeu, posibelmente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao se converter en fortificación e caeu na ruína no medio das disputas entre o Conde de Traba e o Arcebispo Xelmírez pola súa propiedade que lle fan perder, entre outras cousas, o muro exterior. En 1537 reparáronse a porta e a escaleira de acceso e asignáronselle vixías; en 1553 o concello ditou normas contra a utilización das súas pedras para outras edificacións. En 1682 o Duque de Uceda, capitán xeneral de Galiza, encargoulle a restauración do que se coñecía como "Castelo Vello" (o que parece indicar que se aproveitou militarmente) ao arquitecto coruñés Amaro Antune, quen construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde situou dúas pequenas torres para soportar os fanais. Estes pagáronos os cónsules de Inglaterra, os Países Baixos e Flandres a cambio da concesión do cobro dun imposto aos barcos que aportaban na cidade. Os fanais funcionaron deficientemente e en 1769 un raio acabou co último. No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX. A partir de entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores. == Lendas == Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta onde enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar as xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar en que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión. A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán da Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito. == Estrutura ==…
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Como ir
Horário Jun-Sep: Mo-Su 10:00-21:00 · Oct-May: Mo-Su 10:00-18:00
Entrada Pago
Cadeira de rodas Não
Chegar en bus
- CASA DOS PEIXESa 402 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Pazo da Merced-Domus · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Adormiderasa 917 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Paseo marítimo (Domus)a 969 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.