Farol

Faro de Mera

Serantes · Oleiros · A Coruña

Faro de Mera, farol en Oleiros

Foto: Carlos de Paz · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Farol em Mera, Oleiros, a 27 m de altitude, a 1,4 km de Mera.

O faro de Mera é un faro de enfilación composto de dúas torres de cor vermella na súa vista anterior e branca na posterior. Está situado na parroquia de Mera, no concello de Oleiros

Historia

Entre 1860 e 1917 na ría da Coruña construíronse os faros do castelo de Santo Antón, o faro de Oza e a enfilación da Punta de Mera. O 22 de marzo de 1904 decidiuse facilitar a entrada no fondeadoiro da Coruña mediante unha luz de dirección en punta Oza que sinalase a canle norte con ocultacións equidistantes brancas e sector vermello e verde nos laterais, así como outra branca e de 5+4 ocultacións en punta Mera para a canle oeste. Cinco anos despois sen dar comezo as obras, precísase que a luz de Mera haberá de ser de enfilación, mediante unha lámpada de petróleo con mecha, de cor vermella na súa vista anterior e branca na posterior. Luciu por primeira vez en 1917 cunha lámpada Pintch de incandescencia para vapor de gasolina que orientaba ás embarcacións que entraban polo oeste á canle de punta Herminia.

Os faros

Aos faros chégase por unha estrada que atravesa o pobo de Mera e que, cubrindo a pechadura da ría, morre ao pé do edificio. Consta de dúas torres, a anterior máis pequena e a posterior de 11 e 14 metros de altura respectivamente, separadas por 300 m. cos focos situados a 56 e 81 metros sobre o nivel do mar, rematadas por terrazas con balaústres de celosía e lanternas poligonais de cristais planos e montantes verticais. Foron dotadas de electricidade en 1932, xunto coa característica branca para a posterior e vermella para a anterior e un alcance de 10 millas para o aviso dos baixos de Tonina e Guisando. En 1977 modificouse a característica que pasou a ser de tres sectores vermellos para a anterior e de dúas ocultacións brancas para a posterior. No medio das dúas torres está a antiga casa do fareiro, actualmente é o centro de recepción de visitantes ao monumento natural (onde se atopa) Costa de Dexo-Serantes. Este centro coñecido como aula do mar é un pequeno centro de interpretación onde se proxectan varios vídeos da zona, exponse o funcionamento de ambos os faros, hai unha sala dedicada ao monumento natural, etc. Ademais na terraza hai dous telescopios.

Características

Outros artigos

Lista de faros de Galicia

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Faro · Luces direccionais

Também chamado Faro Pequeno

Altitude do ponto ≈ 27 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Mera, a 1,4 km

Habitantes do concelho 38.750 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar