Sítio arqueológico

Ermida da Estrela de Corme

Ponteceso · A Coruña

A Ermida da Estrela, tamén coñecida como ermida da Virxe da Estrela, foi un templo relixioso situado na Illa da Estrela, fronte á praia da Ermida, na parroquia de Corme Aldea, no concello de Ponteceso. Na actualidade atópase desaparecida, conservándose unicamente restos da súa planta e da cimentación entre os afloramentos rochosos do illote. A ermida erguíase na Illa da Estrela, un pequeno illote rochoso situado na entrada da ría de Corme e Laxe, a escasa distancia da praia da Ermida. O enclave forma parte dun espazo de elevado interese paisaxístico e arqueolóxico, xa que no mesmo illote se localiza tamén un castro costeiro. == Historia == A documentación histórica acredita a existencia da ermida, cando menos, desde o século XVI. Estaba dedicada á Virxe da Estrela e mantivo unha importante vinculación coa tradición mariñeira da costa de Corme, sendo considerada un lugar de devoción para mariñeiros e romeiros, así como un espazo relacionado coa memoria dos náufragos. Un documento conservado no Arquivo da Catedral de Santiago, datado en 1548, menciona o santuario co nome de Santa María de Viastela, topónimo que diversos investigadores interpretan como derivado do latín Via Stellae («Camiño da Estrela»), o que foi relacionado coa tradición xacobea e coa navegación atlántica. == Estado de conservación == O edificio desapareceu co paso do tempo como consecuencia da acción do mar, da erosión e do espolio dos seus materiais. Na actualidade só son visibles restos moi alterados da planta da ermida, integrados no xacemento arqueolóxico da Illa da Estrela. A ermida figura inventariada no Catálogo de bens de valor cultural no litoral da Xunta de Galicia e conta cun contorno de protección debido ao seu interese histórico, arqueolóxico e paisaxístico. == Notas ==

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar