Igreja
Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña
A Coruña
Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Construção religiosa em Coruña, a 28 m de altitude, a 127 m do Camiño Inglés.
A igrexa de San Pedro de Mezonzo é un templo católico situado na área de Catro Camiños (A Coruña).
Descrición
A igrexa de San Pedro de Mezonzo foi deseñada polo arquitecto Francisco Echenique Gómez nun estilo clásico do gusto das autoridades franquistas da época. Ten unhas dimensións de 30×60 m e a fachada está delimitada por dúas torres con campanario de máis de 40 m. É basicamente de formigón, con partes en pedra e mármore e dúas vidreiras. Sobre a portada hai unha escultura de pedra da Virxe María e dous anxos. O interior de planta de cruz latina con tres naves. A luz entra por unha cúpula de 30 m arrodeada pola lenda Salve Regina.
Historia
O crecemento demográfico da Coruña dende o século XIX provocara a creación da nova parroquia de Santa Lucía no ensanche da cidade. Coa fusión nunha das parroquias de Santiago e Santa María na Cidade Vella púidose establecer unha nova parroquia, a de San Pedro de Mezonzo. Esta constituíuse o 1 de xaneiro de 1930, con José Toubes Pego como primeiro párroco. O primeiro templo parroquial foi a capela de Santa Lucía, demasiado pequena para a poboación do barrio, o que fixo que deseguida se pensase na construción dunha nova igrexa. Entre os proxectos destaca a proposta de Antonio Tenreiro, de estilo expresionista. Na década de 1950 chegouse a falar de trasladar a fachada do mosteiro de Monfero, entón en ruínas, para o novo templo. A igrexa actual foi inaugurada en 1964.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Igreja
Dedicado a Pedro de Mezonzo
Autoria Francisco Echenique Gómez
Inaugurado 1964
Altitude do ponto ≈ 28 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima A Coruña, a 1,7 km
Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 127 m
Habitantes do concelho 251.277 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- SAN PEDRO DE MEZONZOa 35 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
- Costa da Pallozaa 194 mSan Pedro de Nós-Teatro Colón · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Os Campons-Univ. Laboral-Teatro Colón
- Costa da Pallozaa 278 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace) · Teatro Colón-IES Miraflores (piscina Piñeiro) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Oleiros-Sada (hotel Sada Palace) · Teatro Colón-Univers. Laboral-Os Campons
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.
