Ilha

Illa de Santa Cruz

Liáns · Oleiros · A Coruña

Illa de Santa Cruz, ilha en Oleiros

Foto: Vilachan · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Ilha em Liáns (Oleiros, A Coruña), a 377 m de O Porto de Santa Cruz.

Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte á vila do Porto de Santa Cruz (na parroquia de Liáns, concello de Oleiros). Ten 1,9 hectáreas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.

Historia e características

Na illa levántase un castelo, o Castelo de Santa Cruz, mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos de Santo Antón e San Diego, pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza para iniciar o asalto da Coruña. Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz. En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillaría. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de Santo Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xeneral Cavalcanti, quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazán. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabalaría, que o utilizou como residencia estival de orfos de militares. Hoxe está dedicado á investigación e divulgación científica: é sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A illa conta cun paseo costeiro ao seu redor desde o que se goza de magníficas e inmellorables vistas da cidade herculina, así como de Santa Cruz e o seu pequeno porto,

Galería de imaxes

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Illa

Extensão 19 m²

Altitude do ponto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima O Porto de Santa Cruz, a 377 m

Habitantes do concelho 38.750 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar