引水道

Acueduto do Paseo das Pontes

A Coruña

Acueduto do Paseo das Pontes, 引水道 en A Coruña

照片: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Coruña的民用建筑, 海拔约 46 米, 距Camiño Inglés 944 m.

O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma".

Historia

A viaxe de Visma levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a Cidade Alta, obra que fora autorizada por Filipe II en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis. O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro Francisco Montaigú de la Perille e coa dirección de Fernando de Casas Novoa e frei Francisco de Velasco. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo (Avenida de Fisterra) e entraba na cidade polo Caramanchón, onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no Campo de Carballo. A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na praza da Fariña, outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina. O manancial deixou de empregarse en 1902, o que provocou a deterioración do acueduto.

Descrición

O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude, mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área, que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque. Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no Peruleiro).

Outros artigos

Augas da Coruña

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Acueduto

该点海拔 ≈ 46 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Coruña,1.8 km

圣雅各之路 Camiño Inglés,944 m

全市人口 251,277 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近