小圣堂
Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco
A Coruña
照片: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña的宗教建筑, 海拔约 14 米, 距Camiño Inglés 292 m.
A capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña.
Historia
A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221. O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal. Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios. Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI.
Descrición
A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes. O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 小圣堂
供奉 天主教
层数 3
别名 Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco · Capela da Venerable Orde Terceira
该点海拔 ≈ 14 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Coruña,552 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,292 m
全市人口 251,277 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Hospital Abente y Lago175 米外Hospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · Hospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · A PATIÑA II-CAMBRE-HOSPITAL ABENTE Y LAGO · Santa María de Vigo-Hospital Abente y Lago · Sada (hotel Sada Palace)-Hospital Abente y Lago · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
- A MAESTRANZA262 米外Pazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICA360 米外Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
