小圣堂
Capela de Ánimas de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña · 1788
照片: Cosal · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela的宗教建筑, 海拔约 280 米, 距Camiño Francés 40 m.
A capela da Confraría Xeral de Ánimas é un templo situado en Santiago de Compostela. A súa construción comezou o 8 de abril de 1784, cos planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro e a dirección do mestre de obras Juan López Freire. Celebrouse a consagración do novo templo, posto baixo a advocación do Santísimo Cristo da Misericordia, o 31 de agosto de 1788.
Descrición
A fachada construíuse no cambio de século, cando a confraría puido comprar e demoler un bloque de casas que impedían o desenvolvemento e visión do frontis. Para a construción do edificio, a Confraría de Ánimas enviou varios proxectos á Academia de Belas Artes de San Fernando, para ser sometidos á censura do arquitecto Ventura Rodríguez. O plano elixido foi o de Ferro Caaveiro. O templo posúe unha tipoloxía de planta rectangular, con nave única, tres capelas laterais a cada lado e presbiterio con capela maior rectangular, máis estreita que a nave. Para as cubertas empregáronse bóvedas de canón nas capelas laterais e unha grandiosa bóveda de canón con lunetos, sostida sobre arcos faixóns, na nave da igrexa. O presbiterio tamén se cobre con bóveda de canón, empregando como elemento de engarce coa nave un vistoso arco triunfal cóncavo, moi propio da arquitectura do clasicismo barroco español de época de Carlos III. Este tipo de arco atópase, en exemplo, na capela do Palacio Real de Madrid.
Programa iconográfico
En canto ao concepto de altar e á formulación do programa iconográfico desenvolvido no seu conxunto, hai que dicir, que responde á advocación do Santo Cristo da Misericordia, á relixiosidade da confraría e ao cerimonial específico do Via Crucis, celebrado cada domingo pola tarde na Capela Xeral de Ánimas. Ideou este programa o arquitecto académico Melchor de Prado Mariño, co apoio dos confrades máis formados. A súa realización, entre 1803-1814, materializouse nunha serie de emotivos e catequizadores relevos en estuco veneciano policromado, modelados polo seu irmán Manuel de Prado Mariño, escultor de formación académica, tamén compostelán, que demostrou nesta empresa grandes calidades de escenógrafo. Con esta concepción, ligada á dos Via Crucis ou, máis ben, á escenografía franciscana das capelas dos Sacromontes europeos, rompe cos altares galegos de tradición barroca, presididos por retablos de madeira policromada. Os relevos das Ánimas desenvolven en relato evanxélico da Paixón do Señor, concentrando nun espazo único o itinerario devocional, místico e catequizante do Via Crucis dun Sacromonte. Nas capelas laterais e altar maior do templo despréganse as escenas da Flagelación, o Ecce Homo, o Camiño ao Calvario, o Alzamento na Cruz, a Crucifixión (altar maior), o Descendemento da Cruz, a Lamentación sobre Cristo morto, o Santo Enterro e a Resurrección do Señor.
Outros artigos
Peto de ánimas
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 小圣堂
风格 Arquitectura neoclásica
供奉 ánimas do purgatorio
作者 Miguel Ferro Caaveiro
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
屋顶 屋瓦
墙体 石
保护级别 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
该点海拔 ≈ 280 m · Terrain Tiles
最近城镇 Santiago de Compostela,362 m
圣雅各之路 Camiño Francés,40 m
全市人口 100,842 (2025) · IGE
如何前往
无障碍通道 否
地址 Rúa das Casas Reais 7, Santiago de Compostela
乘巴士前往
- Rúa Nova595 米外A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- Avda. de Xoán XXIII599 米外Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII606 米外Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。