小圣堂

Capela de Mondragón

Santiago de Compostela · A Coruña

Capela de Mondragón, 小圣堂 en Santiago de Compostela

照片: Wikimedia Commons · CC BY 2.0 · 查看文件 ↗

Santiago de Compostela, A Coruña的小圣堂, 海拔约 266 米, 距Camiño Xabrés 54 m.

A capela de Mondragón, tamén coñecida como capela da Piedade ou capela da Santa Cruz, é unha capela da catedral de Santiago de Compostela.

Historia

Foi fundada en 1521 polo cóengo Juan Ibáñez de Mondragón con licenza do arcebispo Alonso III de Fonseca e terminada o ano seguinte. Este influente clérigo chegara a Santiago procedente ao parecer do País Vasco, xa que a orixe da familia era a casa patrucial de Eremuzketa, en Guipúscoa. O cóengo decidiu establecerse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo: a torre de Ortigueira na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla estaba baleira e comprouna. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en Roma, e outro servía no exército. O cóengo deixou escrito o seu desexo de que trala súa morte o soterrasen nela. É de estilo gótico flamíxero, típico do século XVI, e foi construída por Xácome Garcia. Destaca o retablo co relevo en terracota do Descendemento de Cristo ou Lamentación sobre Cristo morto, obra de Miguel Perrín, de Sevilla, do ano 1526. A ambos os lados da parte superior do retablo destaca o escudo da familia Mondragón. O lugar onde agora está esta capela talvez sexa o que ocupaba unha das portas menores da Catedral, a chamada porta de San Paio.

Outros artigos

Familia Mondragón

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

供奉 天主教

别名 Capela da Santa Cruz

该点海拔 ≈ 266 m · Terrain Tiles

最近城镇 Santiago de Compostela,148 m

圣雅各之路 Camiño Xabrés,54 m

全市人口 100,842 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近