修道院
Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña · 1260
照片: Iagocasabiell · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela的宗教建筑, 海拔约 294 米, 距Camiño Inglés 48 m.
O convento de Santa Clara é un convento de clausura da orde das clarisas que se atopa na Rúa de San Roque, en Santiago de Compostela. O convento fúndase extramuros ao norte da cidade no ano 1260 grazas a doazóns da vila de Compostela e da dona do rei Afonso X o Sabio: Violante de Aragón. É o primeiro que as clarisas tiveron en Galicia. Foi fundado e impulsado por dona Violante, muller do rei Afonso X o Sabio, na segunda metade do s. XIII, polo que ten o título de "Real". Sufriu diferentes modificación ao longo dos séculos, as primeiras no século XVI grazas ás doazóns da abadesa Isabel de Granada; e posteriormente nos séculos XVII e XVIII que lle deron o aspecto barroco actual. Nestes traballos participan os arquitectos Domingo de Andrade, frei Gabriel Domínguez, Pedro Arén e Simón Rodríguez. Salienta a fachada da igrexa, obra de Simón Rodríguez, grande obra do barrroco compostelán. O convento de Santa Clara foi declarado Monumento Nacional en 1940.
Descrición
Fachada
A fachada é obra de Simón Rodríguez en 1719, de estilo barroco compostelán, tamén chamado "barroco de placas" polas formas xeométricas puras que semellan superporse aos muros: un estilo imposto pola dureza do granito, que obriga a unha talla de formas rotundas. Trátase dunha fachada cortina que dá paso a un pequeno xardín onde se agocha a verdadeira e sinxela fachada da igrexa. Como todo o convento realízase en cantaría de granito, en tres corpos e salienta polo seu gran dinamismo barroco debido ao xogo de luces e sombras provocado pola intensa decoración centrada da parte centra da mesma. Aparece un exceso de orixinal ornamentación, grandes cornixas, volutas, frontóns crebados e son moi característicos os grandes cilindros de pedra no bico da fachada, a xeito de bocois, que crean unha sensación de grande inestabilidade.
Interior
No interior chaman a atención os enreixados típicos da clausura. Na igrexa atópanse varios altares churriguerescos dedicados a santos franciscanos e o retablo maior barroco elaborado por Domingo de Andrade no ano 1700 no que se venera a Inmaculada Concepción, de gran devoción por clarisas e franciscanos. Tamén atopamos o púlpito de granito e os escudos do antigo edificio medieval. Os retablos do cruceiro dedícanse a Santo Antón de Padua e á Virxe.
Cultura
É tradicional crer, tanto en Santiago de Compostela coma noutras vilas coma Pontevedra, que para que o día da voda non chova, cómpre levar un cesto de ovos a un convento de clarisas. No convento viven hoxe en día 13 monxas clarisas que, ademais das pregarias, encárganse de traballos a particulares, coma bordados ou pasar o ferro. A igrexa é visitábel só antes e despois das misas. A misa é todos os días ás sete da tarde, e o rosario todos os días ás 18:30.
Galería de imaxes
Outros artigos
Convento de Santa Clara de Pontevedra Mosteiros e conventos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Convento · Conxunto histórico-artístico
风格 Arquitectura barroca
供奉 Clara de Asís
作者 Domingo de Andrade
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
屋顶 屋瓦
墙体 石
层数 3
保护级别 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 294 m · Terrain Tiles
最近城镇 Santiago de Compostela,693 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,48 m
全市人口 100,842 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Avda. de Xoán XXIII238 米外Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII252 米外Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- San Caetano (igrexa)636 米外O Foxo-Santiago E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。