鐵路車站

Estación de Cornes

Santiago de Compostela · A Coruña · 1873

Estación de Cornes, 鐵路車站 en Santiago de Compostela

Cornes foi a terminal de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual estación en 1943. A primeira estación inaugurouse en setembro de 1873 como unha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Conxo-O Carril, e consistía nun pequeno edificio de madeira dunha soa planta que se esperaba que fose provisional. Foi construída no desaparecido termo municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguise a anexión deste territorio. Malia o seu carácter de estación provisional, a estación de madeira mantívose en pé durante case 50 anos, recibindo continuas críticas debido á falta de espazo e ó seu afastamento do centro urbano da cidade. Non foi ata 1920 cando se levantou o edificio actual, de maior tamaño e realizado en cachotaría, ladrillo e formigón. Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono. En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, para acubillar actividades veciñais e dependencias municipais.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

最近城镇 Santiago de Compostela, a 1.3 km

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago, a 277 m

全市人口 100,842 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近