造船厂

Freire Shipyard

Vigo · Pontevedra · 1895

Freire Shipyard

Construcións Navais Paulino Freire (Freire Shipyard) é un estaleiro galego situado na parroquia de Bouzas (Vigo); a súa actividade é a construción, transformación e reparación de todo tipo de buques de casco de aceiro de até 155 metros de eslora. == Historia == O estaleiro foi fundado no ano 1895 por Paulino Freire na parroquia de Bouzas (Vigo), a primeira actividade do estaleiro data de finais do século XIX e principios do século XX; nos seus primeiros anos de actividade o estaleiro dedícase á reparación dos buques da frota pesqueira viguesa (moitos destes buques pertencían ao fundador da empresa Paulino Freire). No ano 1910 o estaleiro comeza a fabricar máquinas de vapor baixo patente propia. Durante os anos 20 o estaleiro especializouse na construción de buques pesqueiros de madeira para Portugal; estes buques ademais incluían equipos propulsores e auxiliares de vapor que fabricaba o propio estaleiro. No ano 1945, ao pouco de rematar a segunda guerra mundial o estaleiro continua coa súa expansión comercial en portos de todo o mundo grazas á empresa de efectos navais Efectos Navales P. Freire. A mediados do século XX o estaleiro comeza a construír buques en aceiro; sendo o primeiro destes buques Puente Castrelos, cuxa construción se iniciou no ano 1958 e rematou no 1961. En 1974 debido á forte demanda de buques da época, Freire Shipyard amplía as súas instalacións coa compra da factoría de Coia. No ano 1986 a dirección da empresa decide apostar tamén pola enxeñaría naval e é por iso que o estaleiro incorpora a súa propia oficina técnica. Durante os anos 80 e principios dos 90; a práctica totalidade das novas construcións do estaleiro foron buques arrastreiros conxeladores, principalmente para armadores de España e Marrocos. No ano 1999 Freire Shipyard consegue uns dos maiores fitos da súa historia; xa que ese mesmo ano ten lugar a botadura do buque Willem van der Zwan, que cos seus 142 metros de eslora era o maior buque pesqueiro do mundo da época. A principios do século XXI o estaleiro especialízase na construción de buques patrulleiros (durante eses anos a empresa constrúe tres buques da Clase Chilreu para a Armada Española). No ano 2011 prodúcese a botadura do iate de luxo Pegaso (posteriormente Naia), o cal é a embarcación de recreo máis grande construída en España. En decembro do ano 2013, traballadores do estaleiro efectuaron na Ría de Vigo os traballos de soldadura para a ensamblaxe e apontoamento do casco do buque de clase Canberra HMAS Adelaide (LHD 01) da Real Armada de Australia (construído en Navantia Ferrol) á cuberta do buque plataforma semi-somerxible MV Blue Marlin, para poder realizar o seu traslado a Australia. A finais do ano 2014 parte da actividade de Freire Shipyard expándese ao estranxeiro, grazas ao contrato asinado coa Secretaría da Mariña de México, o estaleiro encargarase da construción na cidade de Guaymas Sonora (México) de tres buques abastecedores multipropósito. A tarefa de Freire Shipyard nestas tres construcións, é a da subministración do paquete completo de deseño, materiais e equipos. No ano 2015 o estaleiro consolídase como o principal construtor naval da Ría de Vigo; asinando diversos contratos para armadores privados e para administracións públicas dos seguintes países: Noruega, Kuwait, Perú, Indonesia e a India. Especializouse sobre todo no deseño e a construción de modernos buques oceanográficos. == Instalacións ==…

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近