教堂

Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela, 教堂 en Santiago de Compostela

照片: © Jose Mario Pires · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Santiago de Compostela的宗教建筑, 海拔约 269 米, 距Camiño Xabrés 57 m.

A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, lindando coa praza de Mazarelos ou do Instituto, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769. O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce. Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo". O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio. A súa fachada principal, de aire clásico, como quedou dito, presenta as figuras de San Pedro e San Paulo, que substituíron as orixinais de San Ignacio e a San Francisco Xabier situadas en nichos laterais que serven de marco ao escudo real. O campanario que a culmina fíxose dous anos máis tarde. Pero o realmente salientable é o seu interior, onde se se sitúan varios retablos que adornan as naves laterais, o cruceiro e o altar maior; están considerados como auténticas e exclusivas pezas do barroco. Actualmente o edificio úsase como sala de exposicións e sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 教堂

风格 Arquitectura barroca

供奉 Compañía de Xesús

所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña

保护级别 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade

该点海拔 ≈ 269 m · Terrain Tiles

最近城镇 Santiago de Compostela,364 m

圣雅各之路 Camiño Xabrés,57 m

全市人口 100,842 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近