教堂

Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña

A Coruña

Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña, 教堂 en A Coruña

照片: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Coruña的宗教建筑, 海拔约 28 米, 距Camiño Inglés 127 m.

A igrexa de San Pedro de Mezonzo é un templo católico situado na área de Catro Camiños (A Coruña).

Descrición

A igrexa de San Pedro de Mezonzo foi deseñada polo arquitecto Francisco Echenique Gómez nun estilo clásico do gusto das autoridades franquistas da época. Ten unhas dimensións de 30×60 m e a fachada está delimitada por dúas torres con campanario de máis de 40 m. É basicamente de formigón, con partes en pedra e mármore e dúas vidreiras. Sobre a portada hai unha escultura de pedra da Virxe María e dous anxos. O interior de planta de cruz latina con tres naves. A luz entra por unha cúpula de 30 m arrodeada pola lenda Salve Regina.

Historia

O crecemento demográfico da Coruña dende o século XIX provocara a creación da nova parroquia de Santa Lucía no ensanche da cidade. Coa fusión nunha das parroquias de Santiago e Santa María na Cidade Vella púidose establecer unha nova parroquia, a de San Pedro de Mezonzo. Esta constituíuse o 1 de xaneiro de 1930, con José Toubes Pego como primeiro párroco. O primeiro templo parroquial foi a capela de Santa Lucía, demasiado pequena para a poboación do barrio, o que fixo que deseguida se pensase na construción dunha nova igrexa. Entre os proxectos destaca a proposta de Antonio Tenreiro, de estilo expresionista. Na década de 1950 chegouse a falar de trasladar a fachada do mosteiro de Monfero, entón en ruínas, para o novo templo. A igrexa actual foi inaugurada en 1964.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 教堂

供奉 Pedro de Mezonzo

作者 Francisco Echenique Gómez

启用 1964

该点海拔 ≈ 28 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Coruña,1.7 km

圣雅各之路 Camiño Inglés,127 m

全市人口 251,277 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近