教堂
Igrexa de Santiago de Vigo
Vigo · Pontevedra
照片: HombreDHojalata · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Vigo的宗教建筑, 海拔约 28 米, 距Caminho Português de Santiago 1.1 km.
A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.
Historia
Xa a finais do século XIX co crecemento da vila grazas ao pulo industrial e portuario, estúdase a construción dunha nova igrexa parroquial polos contratistas Cerviño e Senra. No verán de 1882 decídese a localización da nova sé, que cambiara varias veces, para ficar no daquel chamado Campo do Rei, hoxe na rúa García Barbón. Manuel Felipe Quintana encárgase do proxecto, redáctao en 1896, e despois de varias paradas por mor dos problemas económicos, remata en 1907. O proxecto inicial considerara dúas torres altas na fachada principal, que tivo que se recortar.
Descrición e estilo
A igrexa feita en cantaría de perpiaño granítico ten un corte medieval historicista, inclúe catro fachadas, coa principal de estilo neogótico, porén as súas formas non son esveltas e diáfanas, senón que ten aparencia pesada polas súas grandes superficies macizas. O templo, aínda que bastante embutido, forma un rueiro enteiro para aproveitar a luz e consta dunha planta rectangular de tres naves sen cruceiro, a nave central ten unha amplitude maior ca as laterais, das que se separa por arcos apuntados. Sobre o pórtico da entrada sitúase o coro. As naves laterais reciben a luz a través de vans de arcos apuntados, mentres que a nave central, a maior, recibe a luz a través de trilóbulos ou pequenos rosetóns de trazaría con tres lóbulos inscritos no seu interior que se sitúan elevados sobre a nave na fachada principal. As bóvedas son de cruzaría, con contrafortes laterais, rematados en pináculos neogóticos. A cabeceira está alumeada por tres fiestras oxivais de gran tamaño na ábsida, a cabeceira é poligonal e fica enmarcada nun rectángulo no que se achan as sancristías.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 教堂
风格 Arquitectura neogótica
供奉 Santiago o Maior
该点海拔 ≈ 28 m · Terrain Tiles
最近城镇 Vigo,565 m
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,1.1 km
全市人口 295,735 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Colón192 米外San Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas
- Santiago de Vigo203 米外Santiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Santiago de Vigo207 米外A Xunqueira-Vigo · Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。