教堂

Igrexa do Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos · Lugo

Igrexa do Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca de Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885. Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o» ou «limés/limesa». Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que lle dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近