島嶼

Illa de San Antón, A Coruña

A Coruña

Illa de San Antón, A Coruña, 島嶼 en A Coruña

照片: Álvaro Pérez Vilariño · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Coruña的島嶼, 距Camiño Inglés 609 m.

Non confundir coa Illa de Santo Antón no municipio de Redondela. A illa de Santo Antón (A Illa do Santo) ou illa da Pena Grande é unha illa galega da Coruña, situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina. A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade.

Historia

A finais da idade media existía xa na illa unha pequena ermida dedicada a santo Antón na que se recollían e atendían os navegantes enfermos. Posteriormente converteuse (como outras illas galegas) en lazareto. Coa concesión, por parte de Carlos I, da Casa de Contratación de Especias, o porto da Coruña converteuse nun obxectivo para os inimigos da Coroa, polo que o Rei ordenou unha serie de medidas para reforzar as defensas da cidade, entre elas a construción dunha fortaleza na illa, o castelo de Santo Antón, construción que comezou no ano 1587. En 1590, durante o ataque de Francis Drake, as novas baterías do castelo mostráronse moi efectivas na defensa da cidade polo que Filipe II ordenou ao seu arquitecto que continuase e finalizase as obras do castelo. A fortaleza foi dada por terminada no ano 1590, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre. Tras un ataque francés no século XV, o marqués de Valparaíso propuxo a Filipe IV a reforma da fortificación, que concluíu no século XVIII, cando se construíu a casa do Gobernador coa súa capela neoclásica no eixo da composición do edificio. Desde comezos do século XVIII e ata o ano 1960, en que o Ministerio do Exército o cedeu ao Concello, perdeu o seu carácter militar e converteuse en prisión. Entre os seus reclusos cabe destacar a Alessandro Malaspina, Melchor Macanaz, o xeneral Villarroel e o mariscal de campo Porlier. Logo da súa cesión ao Concello, no ano 1964 iniciáronse as obras, dirixidas por Pons Sorolla, para convertelo en museo, e que se terminaron no ano 1968. Hoxe en día mantén o seu status como Museo Arqueolóxico Municipal.

Outros artigos

Castelo de Santo Antón Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Illa

面积 0 m²

该点海拔 ≈ 0 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Coruña,856 m

圣雅各之路 Camiño Inglés,609 m

全市人口 251,277 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近