山
喜樂山
Aríns · Santiago de Compostela · A Coruña · 372 m
照片: Carlos Delgado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Aríns (Santiago de Compostela, A Coruña)的山, 海拔约 372 米, 距Camiño Francés 79 m.
O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.
Historia
Na Idade Media había no monte unha capela, mandada construír por Xelmírez en 1105, na que os peregrinos se axeonllaban en sinal de agradecemento por chegaren até aí. Dende ese punto moitos dos peregrinos a cabalo facían o resto do camiño a pé (como Afonso XI) e outros remataban a súa peregrinación mesmo descalzos. Esa capela foi abandonada no século XVII. En 1989 fixéronse no monte grandes obras para poder acoller alí a visita do papa Xoán Paulo II con motivo da multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude. Actualmente o monte do Gozo dispón dunhas enormes instalacións para acoller peregrinos, que inclúen un albergue con capacidade para centos de persoas, restaurante, cafetería, lavandería, tenda, campo de fútbol, e un gran auditorio descuberto no que actuaron bandas como Rolling Stones, Bruce Springsteen e Red Hot Chili Peppers entre outras, así como o festival O Son do Camiño, diante de ata 40.000 persoas.
Outros artigos
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Montaña
海拔 372 m
最近城镇 Santiago de Compostela,4.4 km
圣雅各之路 Camiño Francés,79 m
全市人口 100,842 (2025) · IGE
乘巴士前往
- San Marcos575 米外Lugo E.A.-Santiago E.I. · Lugo E.A.-Santiago E.I. · Arzúa-SANTIAGO E.I. · Arzúa-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。