紀念建築物
Monumento a Concepción Arenal
A Coruña · 1916
照片: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña的纪念物, 海拔约 16 米, 距Camiño Inglés 119 m.
O monumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitecto Rafael González Villar na memoria da socióloga Concepción Arenal. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.
Descrición
En 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente do Círculo de Artesáns de construír un monumento a Concepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dos Xardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado a Rosalía de Castro, que non chegou a levantarse. O arquitecto Rafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño. O monumento, aínda sen finalizar, inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato. O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931. Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe. Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unha alegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres. Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilo modernista. A obra de cantería levouna a cabo o construtor José María Longueira, os elementos ornamentais de forxa Julio Wonenburger e as esculturas de bronce Joaquín López Fernández.
Galería de imaxes
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Monumento
供奉 Concepción Arenal
作者 Rafael González Villar
该点海拔 ≈ 16 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Coruña,773 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,119 m
全市人口 251,277 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Cantón Pequeno (librería Arenas)71 米外Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
- PRAZA DE MINA80 米外Pazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- Praza de Mina85 米外Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Pazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
