紀念建築物
Monumento a Rosalía de Castro
Santiago de Compostela · A Coruña · 1917
%202010-07-18-113.jpg?width=640)
O monumento a Rosalía de Castro é un conxunto escultórico situado no Paseo da Ferradura de Santiago de Compostela. Inaugurouse en 1917, financiado por subscrición popular. Son os seus autores o arquitecto Isidro de Benito, o escultor Francisco Clivillés Serrano e os mestres de obra irmáns Giménez.
Promoción
A promoción dun monumento senlleiro que honrase a poetisa de Galicia foi iniciativa dun grupo de intelectuais liderados por Vicente Fraiz Andón, mestre e pedagogo nado en Silleda. Nun primeiro momento a comisión promotora buscou financiamento nas entidades públicas como os concellos galegos, onde non atopou a acollida esperada.. Segundo Fraiz Andón: Tórnase a vista, entón á iniciativa popular. Por medio de festas populares e mercados de artesanía e mercadorías doadas polo pobo e coa achega de sociedades galegas no exterior e algún cativa doazón pública, a comisión promotora foi quen de xuntar as 30.000 pesetas. Ademais, tanto arquitecto coma escultor cobraron só materiais e xornais.
Inauguración
O monumento inaugurouse o 25 de xullo de 1917, con asistencia de pobo e de representación das entidades civís, militares e eclesiásticas da cidade. O programa de actos incluía a entrada de autoridades, o descubrimento do monumento, o canto do Himno a Rosalía, con letra de Ramón Cabanillas, e os discursos de promotores e autoridades. O monumento arrincou o acto cuberto coas bandeiras galega e española, as encargadas de descubrilo foron "las distinguidas señoras de Besada, de Saenz de Vicuña, del Rector Sr. Troncoso, del Director del Gran Hospital Sr. Abal Hermo, del Sr. Romero Donallo, ex Diputado a Cortes; del Sr. Piñeiro, Capitán de Zaragoza, y del Sr. De Benito, autor del Monumento".
Descrición
O conxunto está construído en pedra de Novelda e mármore de Carrara para as esculturas. Aséntase sobre un pequeno xardín bordeado en pedra a xeito cadrado e redondeado. Ten planta cadrada e remátase en pináculo con coroa, en cada cara do pináculo están os catro escudos das catro provincias galegas. A verticalidade do pedestal do monumento vese rota por unha grilanda vexetal que o percorre en todo o perímetro. No lado leste do corpo central do monumento, mirando ao Paseo da Ferradura, está a escultura sedente de Rosalía de Castro coa cara descansando na súa man dereita, en actitude pensativa. Na cara contraria, a escultura dunha parella vestida ao xeito popular e baixo dela, en mármore, unha placa con versos do poema "Adiós ríos, adiós fontes". Nos outros dous lados, en grandes placas de mármore, figuran catro das súas grandes obras: á esquerda da poeta En las orillas del Sar e Follas novas e á dereita, El Caballero de las Botas Azules e Cantares gallegos. Co paso do tempo engadíronse ao monumento diversas placas: da Unidade Galega de Nova York dedicada á "cantora do pobo galego", do Centro Santiago de Compostela de Bos Aires (1934), da Peña Galega Manuel Murguía de Santa Fe (1959), do Centro Galego de Porto Rico en (1965) e de Cantigas e Agarimos (1971), entre outras.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- ALAMEDAa 170 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Rúa Novaa 322 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- PRAZA DE VIGOa 492 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.