城堡

Muralla de Pontevedra

Pontevedra

Muralla de Pontevedra

A muralla de Pontevedra foi unha fortificación da cidade de Pontevedra, que desapareceu na súa maior parte cara a finais do século XIX, aínda que no século XXI se conservan algúns restos, sendo o maior o pano con ameas na rúa Arcebispo Malvar. Este pano completo ten aproximadamente 40 metros de lonxitude e pódese acceder a el desde os xardíns dos dous edificios do lado oeste da avenida de Santa María. Existen, así mesmo, algunhas partes que forman parte de edificacións posteriores e que saíron á luz no decurso de traballos de rehabilitación dos inmobles, como o pano á beira da antiga porta de Trabancas, incorporado na rehabilitación do café Savoy. == Orixe == A primeira muralla da cidade foi construída no século XII. A construción da muralla definitiva de Pontevedra iniciouse no século XIII coa finalidade de servir de fortificación defensiva da cidade. A súa construción prolongouse durante o século XIV para se rematar finalmente no século XV. Non cambiou a súa forma e fisionomía até a súa demolición, catro séculos despois. Segundo o historiador Juega Puig, a muralla de Pontevedra sufriu tres ampliacións, a primeira entre os anos 1300 e 1325 e a última efectuada nos anos 1450-1480. O primeiro recinto amurallado acollería os arredores da parroquia de Santa María. A segunda formulación da muralla daríase coa súa primeira ampliación, que podería ter que ver cunha xeneralizada fase de crecemento dos núcleos urbanos ligados ao mundo pesqueiro, xa que a Pontevedra se lle concedeu en 1229 o privilexio de secar pescadas e vendelas por mar e terra en todo o reino e fóra del e tamén en 1238 outorgóuselle á cidade a exclusividade da fabricación de aceite de peixe. Xurdirá unha nova parroquia, a de San Bertomeu, acollendo máis poboación e incrementando o territorio amurallado, transformándose o trazado inicial en forma de améndoa nunha planta case circular. A segunda ampliación darase entre os anos 1300 e 1325. A cidade crecía, e esa puxanza levaba consigo, entre outras situacións, o asentamento de ordes relixiosas que fundaron os conventos de San Domingos, San Francisco e Santa Clara, e que aínda que estaban situadas extramuros, respondían o aumento de ánimas ás que espallar a fe. A terceira ampliación darase a mediados do século XV, crecemento que xa englobaría o convento de San Francisco e que respondería a tres causas: a belicosidade do momento, que expuña maiores reforzos defensivos; o crecemento económico e de poboación, e a necesidade de novos espazos ante a concesión da Feira Franca por Henrique IV de Castela. == Características == O recinto amurallado organizábase ao redor de dúas lombas, cuíñas ou castrelos: os ocupados pola Basílica de Santa María A Maior no oeste da cidade antiga e polo convento de San Francisco no leste. A muralla de cachotaría tiña unha altura de 7 metros e estaba rematada por unha fileira de ameas e un camiño de rolda ou adarve en todo o seu percorrido. Este adarve tiña dous metros de largo. A muralla estaba balizada por numerosas torres e defensas e o seu perímetro alcanzaba os 2.170 metros de lonxitude. A torre probabelmente máis coñecida fose a Torre da Bastida, situada no soar que ocupa hoxe o edificio do século XIX da Casa do Concello. Na parte exterior atopábase un foso. === Portas === A muralla tiña 4 grandes portas e 7 poxigos xunto as portas. As catro portas principais da cidade foron: Porta de Santa María: situábase á beira da Basílica de Santa María. Porta de San Domingos: estaba moi preto do convento dos dominicos, no século XXI, ruínas de San Domingos. Comunicaba co barrio de pescadores da Moureira. Porta de Trabancas: unía a praza da Ferrería coa actual praza da Peregrina. Porta de Rocheforte: abríase á rúa de Santa Clara na que se atopa o convento gótico das clarisas. Comunicaba co camiño de Castela. A estas engadiríanse outras dúas portas (a porta Galera e porta do Ribeiro), a da ponte, á beira da ponte do Burgo e a do Barón, preto do actual parador de Turismo. Este complexo defensivo completábase con torres fortificadas ao longo do seu perímetro. Estas eran: As Torres Arcebispais: estaban achegadas á Basílica de Santa María A Maior.…

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近