加利西亚领主宅邸

Pazo de Castro Monteagudo

Pontevedra · 1760

Pazo de Castro Monteagudo, 加利西亚领主宅邸 en Pontevedra

照片: FirkinCat · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗

Pontevedra的巴洛克庄园宅邸, 海拔约 12 米, 距Caminho Português de Santiago 170 m.

O Pazo de Castro Monteagudo, é un pazo barroco do século XVIII situado na rúa Pasantería, xunto á Praza da Leña da cidade de Pontevedra, en pleno casco antigo.

Historia

O pazo de Castro Monteagudo construíuse en 1760, como indica un documento en latín atopado durante a súa reforma. O seu promotor e propietario foi José de Castro Monteagudo, primeiro interventor da provincia marítima de Pontevedra. Máis adiante, a escola masculina instalouse no piso superior, e a tenda La Imperial, o restaurante La Flor e un taller de carpintería situáronse no piso inferior. En 1928, o Museo de Pontevedra comprouno ao seu propietario Casimiro Gómez Cobas por 52.000 pesetas para instalar o museo. Este pazo converteuse na súa primeira sede. Castelao, mecenas fundador do museo, participou nas ideas para a súa remodelación e adaptación para converterse en museo: debuxou varios deseños para a distribución interior e para o balcón superior, que aínda se conservan. O edificio abriuse ao público como museo o 10 de agosto de 1929. As obras de ampliación do pazo comezaron en abril de 1936. A parte co arco que o conecta co pazo de García Flórez engadiuse en 1943, segundo o proxecto do arquitecto Robustiano Fernández Cochón, que tamén se encargou de incorporar unha torre ao pazo.

Descrición

Este pazo urbano ten unha fachada principal na rúa Pasantería de características austeras, con dúas fiestras e unha porta central con balcón na planta superior e unha porta de entrada no centro e outras dúas ventás na planta baixa. Na fachada sur destaca un balcón sostido por grandes modillóns sobre os que hai tres columnas de pedra que sosteñen o tellado. Ao final desta fachada, o pazo ten unha torre con varias xanelas e un balcón que foi engadido no século XX, así como un escudo de pedra de Pontevedra. Na fachada que dá ao xardín interior tamén se pode ver o escudo de Pontevedra. O pazo ten 739 metros cadrados de superficie construída. O edificio alberga coleccións de arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana e pintura gótica, renacentista e barroca española, italiana e flamenga dos séculos XV ao XVIII. Expóñense cadros de Pedro Berruguete, Juan Correa de Vivar, Eugenio Cajés e Juan Pantoja de la Cruz, entre outros. Tras a súa reforma aprobada en 2022 os espazos interiores serán diáfanos e libres de obstáculos, quedando só as paredes mestras orixinais que lle darán un aspecto unificado. O pazo terá tamén unha ancha conexión subterránea co pazo de García Flórez.

Outros artigos

Museo de Pontevedra Pazo de García Flórez

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Museo de arte · 加利西亚领主宅邸

风格 Arquitectura barroca

所属 Museo de Pontevedra

屋顶 屋瓦

墙体 石

层数 2

该点海拔 ≈ 12 m · Terrain Tiles

最近城镇 Pontevedra,71 m

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,170 m

全市人口 83,339 (2025) · IGE

如何前往

地址 Calle Pasantería, 12

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近