廣場
Parque de Vioño
A Coruña · 2006

O parque de Vioño é unha zona verde municipal na cidade da Coruña. Foi inaugurado en decembro de 2006 cunha superficie de 37 049 metros cadrados. Leva o nome da aldea derrubada no mesmo lugar para a construción do propio parque así como da urbanización que se xestou arredor do mesmo. Asemade, foron conservados algúns dos hórreos xa existentes no lugar, que ficaron integrados dentro da zona verde. O seu perímetro está delimitado polas rúas Revolución Francesa, José María Rivera Corral, Isaac Peral e Pasteur. Cara ao suroeste do parque atópase o polígono industrial da Agrela.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- Ronda de Outeiro (avda. de Arteixo)a 176 mTeatro Colón-Carballo E.A. · Teatro Colón-Arteixo · Teatro Colón-Carballo E.A. · Teatro Colón-Arteixo · Teatro Colón-Caión · Teatro Colón-Caión
- Ronda De Outeiro 2a 189 mCORUÑA E.A.-RONDA DE OUTEIRO-VIMIANZO-MUXÍA
- Ronda de Outeiro (avda. de Arteixo)a 288 mCoruña E.A.-Polígono de Sabón (Mercadona) · Teatro Colón-Monteagudo (zona Arteixo) · CORUÑA E.A.-MEICENDE-CARBALLO E.A. · CORUÑA E.A.-SANTA COMBA · A Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.