劇場

Teatro Afundación Vigo

Vigo · Pontevedra

Teatro Afundación Vigo, 劇場 en Vigo

照片: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Vigo, Pontevedra的劇場, 海拔约 30 米, 距Caminho Português de Santiago 1.5 km.

O Centro Cultural Afundación Vigo é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Historia

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe no Teatro Rosalía de Castro queimado polo lume no mes de febreiro de 1910, situado na mesma localización, cuxos derradeiros propietarios foron os herdeiros de Xosé García Barbón. Tralo lume as sobriñas de García Barbón encárgaronlle ao arquitecto Antonio Palacios, un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da Opera de París e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra comezouse no ano 1913 na súa localización da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa opereta Madame Pompadour. A edificación non defraudou e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística. A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de granito, material típico do Porriño natal do arquitecto. O seu estilo cualifícase como neobarroco, dentro da corrente modernista de comezos do século pasado. En 1970 adquiriuno a Caja de Ahorros de Vigo (despois Caixanova, logo Novacaixagalicia e finalmente Afundación) que pretendía convertelo nun centro cultural. Entre os anos 1982 e 1984 o inmoble foi restaurado polo arquitecto Desiderio Pernas. Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de cobre engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de Juan Oliveira Viéitez nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de Manuel García Buciños, alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o 22 de marzo de 1984. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día.

Outros artigos

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

层数 6

别名 Centro Cultural García Barbón · Teatro García Barbón

该点海拔 ≈ 30 m · Terrain Tiles

最近城镇 Vigo,110 m

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,1.5 km

全市人口 295,735 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近