劇場

Teatro Circo Emilia Pardo Bazán

A Coruña

Teatro Circo Emilia Pardo Bazán, 劇場 en A Coruña

照片: Wikimedia Commons · Public domain · 查看文件 ↗

A Coruña的劇場, 海拔约 14 米, 距Camiño Inglés 56 m.

O Teatro Circo Emilia Pardo Bazán foi un centro de representación escénica situado na cidade da Coruña. Foi inaugurado o 11 de abril de 1903 e demolido en 1915.

Historia

O Teatro Circo Emilia Pardo Bazán foi deseñado polo arquitecto bilbaíno Atanasio Anduiza modificado por Pedro Mariño. Localizábase na avenida da Mariña, en terreos do porto, onde entre 1888 e 1901 estivo situado o Circo Coruñés. Inicialmente íase chamar Teatro Circo Concepción Arenal, mais o fillo da homenaxeada rexeitou a idea. O 15 de abril de 1902, o presidente da sociedade do teatro, Juan Rodríguez Montero, informou do nome definitivo, dedicado a Emilia Pardo Bazán. A inauguración tivo lugar o 11 de abril de 1903 coa obra La Tempestad. Xa durante ese ano ofrecéronse tamén sesións de cinema. O Teatro Circo estaba situado xunto ao municipal Teatro Principal e para evitar a competencia na concesión incluíronse cláusulas en favor do teatro municipal. Por este motivo, viuse obrigado ao peche e o 4 de decembro de 1912 aprobouse a súa adquisición para convertelo na Escola Superior de Comercio. Finalmente, o 15 de setembro de 1915 o concello aprobou a demolición do teatro.

Descrición

O edificio medía 50 metros de lonxitude e 30 metros de largo. A fachada estaba inspirada nos teatros italianos, cun frontón triangular sustentado por columnas de estilo corintio e un pórtico para gorecer o público. A pista contaba con 450 butacas, e a capacidade total era de 1800 espectadores.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Teatro · Estrutura desaparecida

命名来源 Emilia Pardo Bazán

启用 1903

停用 1915

该点海拔 ≈ 14 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Coruña,315 m

圣雅各之路 Camiño Inglés,56 m

全市人口 251,277 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近