劇場

Teatro Circo Tamberlick

Vigo · Pontevedra · 1882

Teatro Circo Tamberlick

O Gran Teatro Circo Tamberlick foi un centro de representación escénica, circense (espectáculos ecuestres e ximnásticos) e sala de cinema de titularidade privada de Vigo. Inaugurouse o 11 de outubro de 1882 e demoleuse en 1991. Situado no que hoxe é a rúa Eduardo Iglesias, foi, no seu día, o teatro de maior capacidade da cidade. Foi nomeado en recoñecemento ao tenor que o inaugurou, o italiano Enrico Tamberlick. Foi derruído, inda que se conserva a fachada na súa localización orixinal. En 2023 os cines situados no centro comercial Plaza Elíptica foron renomeados como Cines Tamberlick, en homenaxe ao antigo teatro-circo.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近