植物園

Xardín botánico Fundación Sales

Vigo · Pontevedra

Aínda non hai foto de Xardín botánico Fundación Sales

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.21493|-8.76282}}

O Xardín botánico da Fundación Sales e o único xardín botánico da cidade de Vigo. Trátase dun arboretum, é dicir, un compendio de diversas especies de árbores de todos os recunchos do mundo, aínda que a súa colección inclúe todo tipo de especies vexetais.

Historia

O xardín era propiedade do arquitecto e paisaxista Francisco de Sales Covelo. Á súa morte, os seus achegados crearon a Fundación que recibe o seu nome e que se encarga do coidado e ampliación do seu legado. Nos cerca de 7000 metros cadrados que ocupa a propiedade atópase a antiga casa de Sales Covelo, que actualmente é a sede da Fundación.

Especies vexetais

A fundación posúe algunhas xoias do mundo vexetal: Wollemia nobilis: árbore que se creu extinguida e só se coñecía na forma fósil ata o ano 1994, cando se redescubriu na costa de Australia. O exemplar do xardín foi doado por un colaborador inglés no ano 2011. Victoria cruziana: planta acuática natural do río Paraná. É o único exemplar existente en España, procedente dunhas sementes doadas polo Real Xardín Botánico de Kew en Londres.

Outros artigos

Parques de Vigo

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近