도서관

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela - Biblioteca de Ciencias da Educación (Campus Norte)

Santiago de Compostela · A Coruña

Aínda non hai foto de Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela - Biblioteca de Ciencias da Educación (Campus Norte)

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.88719|-8.54210}}

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia. En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores. Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo). En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López. O 11 de marzo de 2026 Rosa Crujeiras Casais, catedrática de Estatística, foi elixida reitora da USC, tomando posesión ao mes seguinte, o 10 de abril; trátase da primeira muller en ser reitora da USC nos seus 531 anos de historia.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Biblioteca universitaria · Sucursal de biblioteca

소속 Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

지점 고도 ≈ 265 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Santiago de Compostela, a 812 m

산티아고 순례길 Camiño Inglés, a 160 m

지자체 인구 100,842 (2025) · IGE

가는 길

주소 Avda. Xoán XXIII, s/n, Planta 1ª. Campus Universitario Norte

지도에서 보기공식 웹사이트길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처