켈트 성채
Castro de Angrois
O Eixo · Santiago de Compostela · A Coruña
사진: Lua Galega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Sar, Santiago de Compostela의 방어 취락, 해발 약 247 m, Camiño Xabrés에서 166 m.
O castro de Angrois é un poboado fortificado situado en Angrois, parroquia de Sar, no concello de Santiago de Compostela. Tamén é coñecido co nome de castro de Santa Lucía. O seu código de catalogación na Dirección Xeral de Patrimonio é GA15078042. Está localizado no cumio dun outeiro, cunhas pendentes moi pronunciadas polo leste, oeste e sur e moito máis suaves polo norte. Isto orixina unhas defensas naturais notables, sendo a zona norte a máis vulnerable e o posible acceso. Aínda que no pasado parte do outeiro tivo unha explotación agrícola máis intensa, en tempos recentes é terreo de monte sendo a vexetación principal de toxos. É de propiedade particular e de varios propietarios distintos.[Cómpre referencia] Este castro ten un recinto central ao que se une un socalco setentrional. Este recinto, coñecido como a croa do castro, sitúase na parte máis alta do outeiro. Nesta zona aparecen numerosos afloramentos de rocha, polo que a potencia estratigráfica debe de ser escasa. Non ten estruturas defensivas visibles polos lados meridional, oriental e occidental, seguramente porque non o precisa. Porén, polo norte ten un terraplén bastante pronunciado que illa a croa do socalco inferior. Este socalco é bastante amplo e ten unha rampla de acceso frontal na liña defensiva do socalco exterior e na croa.[Cómpre referencia] O castro está fortemente rebaixado na zona sur por unha antiga canteira explotada principalmente para a construción da estrada N-525, mentres que a ladeira norte foi case totalmente destruída polas obras da autoestrada AP-9. Os traballos arqueolóxicos realizados ata o momento son, en xeral, escavacións e sondaxes de pequena extensión no contexto de traballos de control de obras públicas. Por exemplo, nos traballos da autoestrada fixéronse sondaxes para comprobar a calidade do material básico e a potencia estratigráfica do solo. Atopáronse materiais como tellas romanas, cerámica lisa de cor rosáceo e escoura de fundición. Durante as escavación no ano 2008 para a construción do AVE, encontráronse restos dunhas murallas cara a zona norte.[Cómpre referencia] Hai outro castro nas súas proximidades, o castro do Coto, situado no monte do Coto, na parroquia de Santa María de Marrozos.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 켈트 성채
다른 이름 O Castro
지점 고도 ≈ 247 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Os Tilos, 1.5 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Xabrés, 166 m 거리
지자체 인구 100,842 (2025) · IGE
버스로 가기
- O Castiñeiriño (Virxe de Fátima)623 m 거리Santiago E.I. -Laraño-Vedra (colexio) · Santiago E.I. -Penelas-Cibrán 1-S. X.De Sales-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Sarandón (cruzamento) · A Ponte Ulla-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Merín · Santiago E.I.-Trobe
- Santa Lucía649 m 거리Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I.
- O Castiñeiriño (Virxe de Fátima)652 m 거리Santiago E.I. -Laraño-Vedra (colexio) · Santiago E.I.-Sarandón (cruzamento) · Ponte Ledesma-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I. · A Ponte Ulla-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I.
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.