콘벤투스

Convento de San Domingos de Bonaval

Santiago de Compostela · A Coruña

Convento de San Domingos de Bonaval

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos. == Situación == Sitúase na cidade de Santiago de Compostela, extramuros na aba do monte da Almáciga, preto do lugar coñecido como a Porta do Camiño. == Historia == O documento máis antigo no que se cita o convento, coa primitiva advocación de santa María, data de 1228. Desde o século XV aparece xa co título de San Domingos, e baixo o patrocinio da casa de Altamira. Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello. En cumprimento dun Real Decreto de 1836, unha comisión nomeada pola Deputación da Coruña propuxo o derrubamento de trinta edificios, e destinou San Domingos "para cuarteis dos Rexementos de Compostela e Santiago, coa demolición da igrexa", mais este ditame non se chegou a executar. En 1841, por mediación do arcebispo Vélez, o Concello destinou o convento a hospicio; en 1945 o hospicio ocupaba aínda a parte norte; e a sur, á dereita da igrexa, acollía un colexio de persoas xordomudas e cegas. Ao ser suprimidas estas institucións, quedou por un tempo desocupado, ata que o Concello decidiu acondicionar e destinar unha parte das dependencias a Museo Municipal, que se inaugurou en decembro de 1963. En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, recentemente constituído, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome. == Descrición == === A igrexa === A igrexa, construída en estilos gótico e renacentista, na actualidade non se atopa aberta ao culto e alberga o Panteón de Galegos Ilustres. Construída seguindo os canons do gótico dominico con naves luminosas a e diáfanas, e desprazando o punto de interese litúrxico desde a ábsida ata o púlpito situado no cruceiro. Neste templo enterráronse as familias dos Moscoso e dos Castro, grazas a autorización dada polo papa Inocencio IV a esta orde para enterrar segrares nos seus conventos. As bóvedas cobren todo o templo. ==== Imaxinería ==== O retablo maior foi construído a partir de 1687 por Domingo de Andrade na igrexa parroquial de Santiago do Carril, e tras ser montado no seu lugar definitivo non se mantivo a estrutura orixinal. Estrutúrase a base da superposición de corpos, forma claramente renacentista. A escultura encargóuselle a Esteban de Cendón en 1689, relacionado co estilo de Mateo de Prado. Representa a san Francisco, santo Agostiño, San Bieito, santo Ignacio, san Pedro de Nolasco e san Domingos. Na actualidade atópanse espallados en diferentes lugares do convento. === O convento === No ano 1695 iníciase a súa reconstrución, ao parecer debido as malas condicións nas que se atopaba. Baixo o mecenado do arcebispo Monroy, foi Domingo de Andrade o que se encargou das obras. Deste modo a imaxe que hoxe podemos observar é na súa maioría produto destas reformas ordenadas polo arcebispo frei Antonio de Monroy, que ocupou o seu cargo entre os anos 1685 a 1715. ==== A fachada principal ==== Presídea o escudo dos condes de Altamira con coroa real, patróns do convento, e vense referencias á obra Arte y uso de la Arquitectura de frei Lorenzo de San Nicolás. É de pequenas proporcións, dividida en tres partes, horizontal e verticalmente. A portada componse de dúas pilastras toscanas decoradas con feixes de froitas típicas no quefacer de Andrade, que soportan un frontón curvo partido enmarcando a porta alintelada, presidida pola imaxe do santo fundador. A ámbolos lados da porta ábrense vans rectangulares. Sobre os linteis, en cartelas, aínda se pode ler nitidamente o seguinte texto: ==== A tripla escaleira helicoidal ====…

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

가는 길

휠체어 아니요

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처