철도역
Estación de Cornes
Santiago de Compostela · A Coruña · 1873
.jpg?width=640)
Cornes foi a terminal de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual estación en 1943. A primeira estación inaugurouse en setembro de 1873 como unha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Conxo-O Carril, e consistía nun pequeno edificio de madeira dunha soa planta que se esperaba que fose provisional. Foi construída no desaparecido termo municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguise a anexión deste territorio. Malia o seu carácter de estación provisional, a estación de madeira mantívose en pé durante case 50 anos, recibindo continuas críticas debido á falta de espazo e ó seu afastamento do centro urbano da cidade. Non foi ata 1920 cando se levantou o edificio actual, de maior tamaño e realizado en cachotaría, ladrillo e formigón. Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono. En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, para acubillar actividades veciñais e dependencias municipais.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
가장 가까운 마을 Santiago de Compostela, a 1.3 km
산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, a 277 m
지자체 인구 100,842 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Avda. Rosalía de Castroa 333 mRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-O Milladoiro · A Grela-Rúa da Rosa · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Ribeira E.A. (AP9-AG11) · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra
- Avda. Rosalía de Castroa 341 mRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-O Milladoiro · Raíces-Tarrío-Viduido de Arriba-Bentín-Milladoiro-Rúa do Hórreo -Raíces · Rúa da Rosa-Luou-Galanas-Milladoiro-Rúa da Rosa · A Grela-Rúa da Rosa · Rúa da Rosa-Vilar de Calo-Luou-Rúa da Rosa
- PRAZA DE VIGOa 385 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.