교회당
Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña
사진: © Jose Mario Pires · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela의 종교 건축물, 해발 약 269 m, Camiño Xabrés에서 57 m.
A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, lindando coa praza de Mazarelos ou do Instituto, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769. O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce. Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo". O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio. A súa fachada principal, de aire clásico, como quedou dito, presenta as figuras de San Pedro e San Paulo, que substituíron as orixinais de San Ignacio e a San Francisco Xabier situadas en nichos laterais que serven de marco ao escudo real. O campanario que a culmina fíxose dous anos máis tarde. Pero o realmente salientable é o seu interior, onde se se sitúan varios retablos que adornan as naves laterais, o cruceiro e o altar maior; están considerados como auténticas e exclusivas pezas do barroco. Actualmente o edificio úsase como sala de exposicións e sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 성당
양식 Arquitectura barroca
봉헌 대상 Compañía de Xesús
소속 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
보호 지정 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
지점 고도 ≈ 269 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Santiago de Compostela, 364 m 거리
산티아고 순례길 Camiño Xabrés, 57 m 거리
지자체 인구 100,842 (2025) · IGE
버스로 가기
- Rúa Nova360 m 거리A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- IES DO SAR629 m 거리As Hortas-Santiago E.I. · As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I.
- Rúa da Rosa694 m 거리Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.