분수

Pozo da Catedral de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Aínda non hai foto de Pozo da Catedral de Santiago de Compostela

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.88015|-8.54479}}

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처